Canalblog Tous les blogs
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
as cousas de monon
Publicité
16 novembre 2014

CHONA

CHONA
Podo escribir os versos máis tristes esta noite. Non. Ninguén pode escribir os versos máis tristes en noite ningunha. Eu non sei se se cumpriu a profecía e continuou habendo poesía despois de Auschwitz. Poetas hai. E versos, tristes e ledos. Pero a dor...
Publicité
6 avril 2014

VEÑA, HO, ASÍ NON SE CONTA UNHA HISTORIA...

1. LARA O meu cuñado chamou preto da media noite. -Monón-díxo-, as chaves de Begonte telas ti? -Teño-respondinlle-. Por que? Que pasou? Houbo un silencio pouco tranquilizador no teléfono. -Lara. Morreu-dixo o meu cuñado-. Daquela quen gardou silencio...
13 mars 2014

LA RUBIA DE LOS OJOS NEGROS

) Así é a cousa: Título original: The Black-Eyed Bolonde: A Philip Marlowe Novel © 2014 by John Banville Inc. and Raymond Chandler Limited © De la traducción: Nuria Barrios © De esta edición: 2014, Santillana Ediciones Generales, S.L. Avenida de los Artesanos,...
5 mars 2014

Saúdos

Banda Sonora:Forajidos (1946) Ás veces un constrúe frases que ao mellor non significan nada. Cando me xubilei de facto, algúns meses antes da data oficial, por razóns que non veñen ao caso, decidín “paralizar todas as miñas inercias”. Así foi como o expresei,...
19 mars 2014

PAISÀ

En 1946 Roberto Rossellini filmou Paisà, dividida en seis episodios que se ordenan cronoloxicamente dende o desembarco angloamericano en Sicilia ata a fin da guerra. Os personaxes que se moven por ela son italianos, alemáns, ingleses e americanos e a...
Publicité
8 avril 2014

VEÑA, HO, ASI NON SE CONTA UNHA HISTORIA...

2. CARMEN Regresaba pola Ronda cara á miña casa. Vin Carmen a uns oito ou dez pasos de min. Apoiábase de lado no oco dun portal e, sen estridencia, mostraba certo desconcerto. Un coche grande e azul sacaba o seu morro xusto naquel momento pola boca dun...
2 avril 2014

LITERATURA ORAL

Que terá que ver connosco un xudeu camiñando descalzo polo deserto? Isto é o que o meu amigo dixo. O meu amigo é escritor. Ten obra abundante. Leva escribindo e publicando dende a súa primeira xuventude. Poeta de verso longo e rotundo, sempre rimado e...
23 avril 2014

FLÚE A CONCIENCIA. DEIXA QUE FLÚA.

Hai un ano, arriba ou abaixo como se ve, que xorraban da miña mente estes pensamentos. É unha estrana maneira de achegar recordos, mais recordos son e así é como veñen. Penso deixalos fluír ata que bata con eles de cheo. Daquela a ver que é o que pasa....
26 mars 2014

MEMORIA SESGADA (Texto provisorio e, moi probablemente, efémero)

Por que nos faremos tantas preguntas se temos xa tantas respostas? Abrín este blogue coa intención de convertilo nunha sorte de depósito da miña memoria. Ir deitando aquí os meus recordos e logo xa se vería. Pero as lembranzas non flúen. Polo menos non...
28 mars 2014

FUTUROS ROUBADOS

Se cometemos o erro de ver Ladrón de bicicletas , de Vittorio De Sica en versión dobrada, ao final, encontrarémonos cunha estupidez sinxelamente repugnante. Unha melíflua voz en off proclama: O mañá aparecía cheo de angustia ante este home. Pero xa non...
6 avril 2014

COUSAS DE LOIS QUE NECESARIAMENTE TEÑEN QUE VER COMIGO

Lois escribiu e publicou un seu libro de poemas. Porque é seu e non pode ser de ninguén máis. Ás veces acontecen cousas así. Aparece alguén que nos deixa fóra de xogo porque non hai outro coma el. Cuestión de estilo, claro. Mais non é iso. Non é só iso....
10 mars 2014

HOXE PÓÑOO E MAÑÁ QUÍTOO

Algo frea o meu impulso. Non son capaz de escribir nada que teña algún sentido ou algún valor. Tanto ten. Xa veremos canto dura isto. De momento que soe a música.
Publicité
as cousas de monon
Publicité
Archives
Publicité