Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
as cousas de monon
6 avril 2014

COUSAS DE LOIS QUE NECESARIAMENTE TEÑEN QUE VER COMIGO

 

Lois escribiu e publicou un seu libro de poemas. Porque é seu e non pode ser de ninguén máis. 

Ás veces acontecen cousas así. Aparece alguén que nos deixa fóra de xogo porque non hai outro coma el. Cuestión de estilo, claro. Mais non é iso. Non é iso. Trátase da personalidade. Os estilos dos poetas poden imitarse. De feito, imítanse. Do mesmo xeito que se pode imitar o estilo dun cantante, dun pintor. Pero a personalidade, non. A personalidade é de un, e non pode transferila. E a personalidade de Lois está toda aí. Nas palabras e no xeito de declamalas e nos tics físicos e no ademán. Aí está Lois. E a súa muller retratándoo. El quere comunicar, necesita comunicar. O meu fillo pariu, dixo onte a Carmen, a súa nai. Pois iso, Lois acaba de parir e seguirá parindo.

Escoitádeo con atención, porque paga a pena.

P.S.-O libro de Lois titúlase LP, e foi publicado por EMERXENTE.  Exactamente, a ficha editorial sería Edizer/Emerxente/Alberte Momán Noval. Esta primeira edición ten unha capa sobria e suxerente, e,  no interior, nunha páxina de prestixio, unha composición de Sabela Díaz moi acaída ao que o libro pretende ser; e digo pretende ser, porque, penso eu, os libros non son nada mentres o lector non os anime, non os recree. Os libros viven nos ollos, na mente e na conciencia dos lectores. 

Publicité
Publicité
Commentaires
as cousas de monon
Publicité
Archives
Publicité